Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

SA550A - Comunicación de inicio de actividade para a inscrición no rexistro galego sanitario de empresas e establecementos alimentarios (REGASA)

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

A partir dos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : A comunicación de inicio de actividade será condición única e suficiente para a inscrición no REGASA

  • A presentación dunha comunicación previa ás autoridades competentes en materia de sanidade da provincia correspondente por razón do lugar da súa localización, segundo o modelo recollido no anexo I deste decreto, será condición única e suficiente para que se tramite a inscrición das empresas e dos establecementos no Regasa e, simultaneamente, se poida iniciar a actividade, sen prexuízo dos controis que posteriormente poidan levar a cabo.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

R/ Durán Loriga, 3-7ª
15003 A CORUÑA
Teléfono: 981155800 Fax: 981155801

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

R/ Montevideo, 9
27001 LUGO
Teléfono: 982292127 Fax: 982292115

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

Avda. Zamora, 13
32005 OURENSE
Teléfono: 988066372 Fax: 988066302

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Fernández Ladreda, nº 43 - 1ª planta
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986885860 Fax: 986885802

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

R/ Concepción Arenal, 8 - 36201 Vigo
36201 VIGO
Teléfono: 986817628 Fax: 986817627

Crear o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios, en diante Regasa, que ten como finalidade a protección da saúde pública e dos intereses dos/das consumidores/as, facilitando o control oficial das empresas e establecementos sometidos á inscrición, así como regular o procedemento para a inscrición, modificación e cancelación rexistral das empresas e establecementos alimentarios no citado rexistro. Trátase dun procedemento afectado pola Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo relativa aos servizos no mercado interior.

O Regasa terá carácter autonómico, existindo un rexistro unificado para todo o ámbito da comunidade autónoma.

O Regasa será complementario do Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, adscrito á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e respectará o carácter de rexistro unificado de ámbito estatal que a este último lle atribúe o artigo 1.2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, polo que este se regula.

Beneficiarios:

Empresas ou establecementos alimentarios con sede, domicilio, axencia ou que exerzan a actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

a) Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que a actividade que realice consista exclusivamente en manipular, transformar, envasar, almacenar ou servir alimentos para a súa venda ou entrega in situ ao consumidor final, con ou sen repartición a domicilio, ou a colectividades, así como cando estes fornezan outros establecementos destas mesmas características e se trate dunha actividade marxinal en termos tanto económicos como de produción respecto da realizada por aqueles, que leve a cabo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non serán obxecto de asento no Regasa as empresas e os establecementos alimentarios que teñan a obriga de estar inscritos no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, regulado polo Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, os locais ou establecementos de venda ambulante, como toldos, postos e vehículos de venda ambulante, establecementos de tempada, locais utilizados principalmente como vivenda privada, locais utilizados ocasionalmente para servir comidas e máquinas expendedoras.

AUTONÓMICA

Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (DOG nº 205 do 26 de outubro de 2012)

ESTATAL

Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre o Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE nº 57 do 8 de marzo de 2011).

COMUNITARIA

Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior.

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional