Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

MR435A - Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servizos de produtos fitosanitarios.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : 6 meses

Sentido do silencio administrativo : Positivo

  • Solicitude normalizada segundo o Anexo I.
  • Os datos de identificación do titular da actividade e da empresa.
  • Os datos sobre as actividades a rexistrar.
  • A clasificación de perigosidade dos produtos fitosanitarios segundo a lexislación vixente.
  • Os grupos e tipos de produtos fitosanitarios segundo se establece no Real decreto 255/2003, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de preparados perigosos.
  • Documentación para a inscrición na sección de establecementos. Ademais do formulario e a documentación a que se fai referencia no artigo anterior, para a inscrición na sección de establecementos, achegarase o anexo I-bis coa seguinte documentación:
    • a) A memoria técnico-descritiva da actividade que se vai realizar.
    • b) O proxecto da nave-almacén dos produtos fitosanitarios ou ben a súa memoria descritiva asinada polo técnico competente, xunto cos planos de situación e de planta do almacén.
    • c) A licenza municipal onde se indique expresamente a actividade para que foi solicitada naqueles casos en que, de conformidade co disposto no artigo 84.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, a requiran.
    • d) A fotocopia do NIF do/s titular/es e da empresa, salvo que os interesados consintan expresamente á Consellería do Medio Rural e do Mar a consulta dos seus datos persoais a través de acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade do ministerio con competencias en administraciones públicas, de conformidade co disposto no artigo 2.2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
    • e) Os datos do responsable técnico da actividade e dos seus auxiliares, ademais da acreditación de que estes posúen a capacitación necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.
    • f) A copia, de ser o caso, do certificado ou resolución de inscrición doutros locais da mesma titularidade, inscritos en calquera outro rexistro da mesma natureza noutras comunidades autónomas.
    • g) A relación dos produtos fitosanitarios que se van comercializar onde se indique claramente o seu nome comercial, a materia activa, o número de rexistro do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a súa clasificación de perigosidade segundo o Real decreto 255/2003.
    • h) No caso de comercializar produtos tóxicos ou moi tóxicos deberase solicitar a dilixencia de apertura do Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios informatizado conforme o modelo que figura no anexo IV deste decreto; excepcionalmente admitirase o Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios en soporte papel.
    • i) O xustificante de colaborar con algún sistema de xestión para a eliminación de envases baleiros de produtos fitosanitarios.
    • j) O xustificante do ingreso da taxa correspondente.
  • Documentación para a inscrición na sección de servizos. Ademais do formulario e a documentación a que se fai referencia no artigo 10, para a inscrición na sección de servizos, achegarase o anexo I-bis coa seguinte documentación:
    • a) A memoria descritiva dos traballos realizados pola empresa, onde se desenvolvan os seguintes puntos: os antecedentes, a organización do persoal e funcións dentro da empresa, o ámbito de actuación, as medidas de seguridade e a descrición dos traballos que se desenvolverán (a metodoloxía, os medios, os produtos, a maquinaria, etc.).
    • b) Segundo corresponda, a memoria simplificada do almacén cando tan só sexa necesaria a súa declaración ou, no caso de inscrición, o proxecto da nave-almacén dos produtos fitosanitarios ou ben a súa memoria descritiva asinada polo técnico competente, xunto cos planos de situación e de planta do almacén.
    • c) A copia, de ser o caso, do certificado ou resolución de inscrición doutros servizos da mesma titularidade, inscritos en calquera outro rexistro da mesma natureza noutras comunidades autónomas.
    • d) A fotocopia do NIF do/s titular/es e da empresa, salvo que os interesados consintan expresamente á consellería competente en materia de sanidade vexetal a consulta dos seus datos persoais a través de acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade do ministerio con competencias en administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 2.2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
    • e) Os datos do responsable técnico da actividade e dos seus auxiliares, ademais da acreditación de que estes posúen a capacitación necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.
    • f) A relación dos produtos fitosanitarios que van a usar onde se indique claramente o seu nome comercial, a materia activa, o número de rexistro do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a súa clasificación de perigosidade segundo o Real decreto 255/2003.
    • g) No caso de aplicar produtos tóxicos ou moi tóxicos deberase solicitar a dilixencia de apertura do Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios informatizado conforme o modelo que figura no anexo IV deste decreto; excepcionalmente, admitirase o Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios en soporte papel.
    • h) A relación da maquinaria dispoñible para a aplicación de tratamentos e o certificado de inspección daquelas emitido por un centro oficial ou recoñecido de conformidade coas disposicións vixentes na materia.
    • i) O xustificante do ingreso da taxa correspondente.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

SERVIZO DE SANIDADE E PRODUCIÓN VEXETAL
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15701 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881997443 Fax: 881997442

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
R/ VICENTE FERRER, 2
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981184684 Fax: 981184474

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
RONDA DA MURALLA,70
27071 LUGO
Teléfono: 982889249 Fax: 982294808

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO
32003 OURENSE
Teléfono: 988386693 Fax: 988386482

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS
R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 886206543 Fax: 886206588

Para máis información acudir as Oficinas Agrarias Comarcais

Versión en formato PDF

O presente decreto ten por obxecto regular:
a) O Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos de Produtos Fitosanitarios.
b) O Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios.
c) O réxime sancionador aplicable na materia.

Créase o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos de Produtos Fitosanitarios, adscrito á dirección xeral que corresponda da consellería competente en materia de sanidade vexetal, á que lle corresponde a súa xestión e coordinación e o impulso da aplicación de sistemas informáticos admitidos pola normativa específica para a introdución máis áxil dos datos que o integran.

Beneficiarios:

O Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos de Produtos Fitosanitarios, no cal se inscribirán as persoas físicas e xurídicas que se dediquen ás actividades que se sinalan nos artigos 6 e 7 estrutúrase nas seguintes seccións e grupos:
1. Sección de establecementos.
2. Sección de servizos.

Requisitos:

Sección de establecementos.

Na sección de establecementos inscribiranse as empresas que se dediquen á fabricación, envasado, almacenamento ou comercialización de produtos fitosanitarios que desenvolvan algunha das actividades encadradas nos seguintes grupos:
- Grupo 1. Plantas de produción, nas cales se inclúen as instalacións industriais de síntese e obtención de ingredientes activos de produtos fitosanitarios e os locais, almacéns e instalacións anexas.
- Grupo 2. Plantas formuladoras: as instalacións dedicadas á manufacturación de produtos fitosanitarios mediante a elaboración ou envasado de preparados, sempre que estean situadas fóra da área dunha planta de produción, así como os almacéns e instalacións anexas.
- Grupo 3. Plantas de tratamento, nas cales se inclúen os establecementos con cámaras de fumigación, balsas de inmersión e outras instalacións fixas destinadas á execución de tratamentos de produtos fitosanitarios, incluídos os almacéns e instalacións anexas.
- Grupo 4. Almacén distribuidor, entendendo por tales os locais destinados á distribución e/ou venda por xunto e almacenaxe de produtos fitosanitarios.
- Grupo 5. Establecemento de venda, entendendo por tales os locais destinados á distribución e/ou venda ao público e almacenaxe de produtos fitosanitarios.
- Grupo 6. Almacén para uso propio no ámbito da actividade agroalimentaria ou dos servizos determinados no artigo 7 que exceda a cualificación de reducido.
- Grupo 7. Outros almacéns destinados ao depósito e almacenamento de produtos fitosanitarios non incluídos nos grupos 4, 5 ou 6:
a) Empresas de importación con ou sen almacén.
b) Empresas de experimentación.
c) Empresas con autorización do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para realizaren importacións paralelas entre distintos países, con almacén que se utilice para o tránsito entre eles.

Sección de servizos.
1. Na sección de servizos inscribiranse as entidades que efectúen os tratamentos con produtos fitosanitarios en instalacións fixas ou móviles, para tratamentos de carácter corporativo e de servizos a terceiros.
2. A obrigatoriedade da inscrición na sección de servizos non exclúe a inscrición de cada instalación fixa ou almacén no grupo 6 da sección de establecementos cando o almacenamento de produtos fitosanitarios supere as cantidades establecidas no anexo II.

AUTONÓMICA

Decreto 100/2012, do 16 de marzo, polo que se regula o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos de Produtos Fitosanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, o Libro oficial de movemento de produtos fitosanitarios e o réxime sancionador en materia de produtos fitosanitarios (DOG nº 63 do 30 de marzo de 2012).

ESTATAL

Orde de 24 de febreiro de 1993 pola que se normalizan a inscrición e funcionamento do Rexistro de Establecementos e Servizos Praguicidas (BOE nº 54 do 4 de marzo de 1993).

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional