Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

ED441A - Bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do SUG

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 22/06/2012 - 21/07/2012.

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG.

Prazo de resolución : Seis meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Solicitude normalizada segundo o anexo I, autorización de representante segundo o Anexo II e a declaración responsable segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
    • a) Memoria breve dixitalizada, cun máximo de tres folios, asinada polo coordinador e co visto e prace do director/a ou secretario/a do departamento co cal está relacionada a actividade formativa proposta, en que se indique o tipo de actividade que se vai realizar, a vinculación cos estudos cursados, os centros ou institucións que se pretenden visitar, a súa importancia na formación dos alumnos, o lugar onde se realizarán, a especificación do período de tempo (inicio e remate) de realización da actividade e a adecuación da estadía cos obxectivos que se propoñen, a relación nominal dos alumnos que conforman o grupo e orzamento detallado desglosado por partidas básicas de ingresos e gastos que comporta a actividade.
    • b) Certificación dixitalizada expedida pola/o secretaria/o do departamento valorando a adecuación da actividade proposta coa formación académica do seu alumnado.
    • c) Copia dixitalizada do xustificante de matrícula neste ano académico de cada un dos membros do grupo.
  • No suposto de que o representante ou apoderado do grupo de alumnos non dispoña do sistema de sinatura aceptado pola sede electrónica, admítese igualmente a presentación da documentación, orixinal ou copia cotexada, e dos anexos en formato papel, que se presentarán no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades (edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, para a presentación de instancias.
  • No prazo de presentación de solicitudes, enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes. Se a solicitude é remitida por correo presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de que proceda á súa certificación postal.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SECRETARIA XERAL DE UNIVERSIDADES

San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545427 Fax: 981545422

Convocar axudas destinadas a grupos de estudantes das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) co fin de posibilitar que melloren a súa formación académica adquirindo coñecementos de materias específicas por medio de estadías formativas de curta duración noutros centros de estudos superiores, empresas ou institucións, contribuíndo ao establecemento e fomento do contacto entre estudantes das universidades galegas e a realidade práctica de fóra da comunidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará estas axudas con cargo á partida orzamentaria 15.40.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, cunha contía máxima de 36.000 euros.

As actividades formativas de curta duración, máximo sete días, que se subvencionan nesta convocatoria terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2012.

Selección e contía

1. Na selección dos grupos de alumnos beneficiarios realizada pola comisión avaliadora terase en conta a actividade programada segundo a documentación presentada, de acordo cos seguintes criterios xerais de avaliación:
a) Memoria da actividade, ata 4 puntos.
- Tipo de actividade que se vai realizar: ata 1 punto.
- Vinculación da actividade cos estudos cursados: ata 1 punto.
- Centros ou institucións que se pretenden visitar: ata 1 punto.
- Adecuación da estadía cos obxectivos que se propoñen: ata 1 punto.

b) Valoración da actividade polo departamento, ata 2 puntos.

c) Número de alumnos do grupo, ata 1 punto.
- 10-12 alumnos: 0.5 puntos.
- 13-15 alumnos: 1 punto.

d) Lugar de destino, ata 1 punto.
- Estado Español: 0.5 puntos.
- Estranxeiro: 1 punto.

e) Adecuación da actividade á duración da viaxe, ata 1 punto.

f) Contar con invitación ou aceptación de centros ou institucións de destino segundo a programación, 1 punto.

2. Unha vez aplicados os criterios xerais de avaliación a contía da axuda será outorgada a cada membro do grupo de alumnos ao que lle foi concedida a subvención, aboándose unha cantidade de 45 euros por alumno e día, ata esgotar o orzamento.

Beneficiarios:

Poderán solicitar estas axudas grupos de estudantes dun mesmo centro universitario matriculados no último curso da mesma titulación.

Obrigas dos beneficiarios

1. O representante ou apoderado do grupo de estudantes será a persoa responsable ante a Secretaría Xeral de Universidades, asumindo a delegación que nel fan os compoñentes do grupo para a tramitación da axuda obxecto desta orde.

2. Os alumnos participantes do grupo comprométense a cumprir as obrigas seguintes:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda, sen que caiba cambio ou modificación ningunha do obxecto e da finalidade para a que foi concedida. En calquera caso, toda incidencia que supoña modificación do programa inicial da actividade deberá ser autorizada pola Secretaría Xeral de Universidades.
b) Comunicar por escrito, á Secretaría Xeral de Universidades, a renuncia á axuda tan pronto como se produza a causa que determine dita renuncia.
c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes da calquera Administración ou ente público ou privado.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente.

3. Os beneficiarios farán constar, sempre que sexa posible, nas publicacións e materiais que se utilicen para a difusión das actividades subvencionadas a seguinte expresión «Co apoio da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia».

4. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro segundo o disposto no artigo 33 da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

1. Estar matriculados no derradeiro curso dos seus estudos universitarios de carácter oficial conducentes a un título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, mestre ou diplomado nalgunha das universidades do SUG.
2. Participar na realización dunha actividade formativa como compoñente dun grupo de 10 alumnos como mínimo e de 15 como máximo, cunha duración máxima da estadía de 7 días, incluídos os días da viaxe. No caso de que a duración total sexa superior só se concederá axuda polo período máximo de duración establecido nesta orde.
3. Cursar a mesma titulación todos os alumnos membros dese grupo e estar matriculados neste curso académico, polo menos, nunha materia coa que se relacione a actividade formativa proposta.
4. Elixir entre todos os membros do grupo a un representante ou apoderado único da agrupación, que será un alumno do grupo, que actuará como coordinador, e será o responsable do obxecto da axuda ante a Secretaría Xeral de Universidades.

AUTONÓMICA

Orde do 12 de xuño de 2012 pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do SUG (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2012).

Prazo de presentación pechado (22/06/2012 - 21/07/2012)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional