Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

BS611A - Recoñecemento do grao de discapacidade.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Á solicitude (Anexo I) deberá xuntar a seguinte documentación:
    • a) Copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor a consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

      Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla en que apareza o nome da persoa solicitante, no caso de non posuír DNI.
    • b) Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia do/a interesado/a nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para consultar os datos de residencia da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
    • c) No caso de persoas interesadas estranxeiras deberase achegar copia compulsada do permiso legal de residencia.
    • d) Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, segundo o modelo do anexo II, e copia compulsada do DNI/NIE da persoa representante, no caso de que non autorice o órgano xestor para consultar os datos de identidade.
    • e) Informes médicos ou psicolóxicos, emitidos por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente a persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais, conforme o modelo do anexo IV, que avalen as deficiencias alegadas.

      No caso de revisión por agravamento ou melloría deberase achegar copia compulsada dos informes que acrediten o dito agravamento ou melloría.

      Así mesmo, poderanse presentar, co carácter de informes complementarios, outros informes médicos ou psicolóxicos que avalen as deficiencias alegadas.
    • f) No caso de solicitar valoración dos factores sociais complementarios, informe social emitido polo/pola traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se é o caso, do/da traballador/a social do sistema de saúde ou do/da traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo de informe social aprobado pola Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 69, do 10 de abril).
    • g) Solicita valoración dos factores sociais complementarios: Si Non. En caso afirmativo, deberán presentar::
      • Certificado de convivencia da unidade familiar.
      • No caso de solicitantes desempregados, tarxeta de demandante de emprego, no caso de que non se autorice o acceso aos datos sobre demanda de emprego que figuran en poder da Administración autonómica.
      • Xustificante de ingresos da persoa interesada e convivintes. A solicitude considerará a autorización da persoa solicitante e, de ser o caso, a das persoas que convivan con ela, para que a xefatura territorial da consellería competente en materia de servizos sociais realice as consultas aos arquivos públicos que consten en poder das distintas administracións públicas para os efectos de verificar os datos declarados sobre a situación económica, caso en que non deberán presentar documentación xustificativa neste sentido.
      • Xustificantes de gastos de vivenda (alugueiro, amortización primeira vivenda, desafiuzamento, eliminación de barreiras arquitectónicas), e de gastos extraordinarios de carácter prolongado (educativos, sanitarios e outros).
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello a que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA SOCIAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEPENDENCIA E VALORACIÓN DA DISCAPACIDADE

SERVIZO DE COORDINACIÓN DE PROCESOS
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544686 Fax: 981545663

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

OFICINA INTEGRADA DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADE DE FERROL
Edificio Administrativo. Pza. Camilo José Cela s/n, 3º andar
15403 FERROL
Teléfono: 981337237 Fax: 981337238

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SECCIÓN DE CUALIFICACIÓN E VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES DA CORUÑA
Rúa Vicente Ferrer nº 2
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981182523 Fax: 981182525

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

OFICINA INTEGRADA DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADE DE SANTIAGO
Praza de Europa, 2º, 10A - Area Central
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881999335 Fax: 881999222

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SECCIÓN DE CUALIFICACIÓN E VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES DE LUGO
Serra de Ancares, nº 68 - baixo
27003 LUGO
Teléfono: 982889133 Fax: 982889162

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SECCIÓN DE CUALIFICACIÓN E VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES DE OURENSE
Sáenz Díez, nº 33 - baixo
32071 OURENSE
Teléfono: 988386152 Fax: 988386159

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

SECCIÓN DE CUALIFICACIÓN E VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES DE VIGO
Torrecedeira, nº 99 - baixo
36202 VIGO
Teléfono: 886120713 Fax: 886120733

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

SECCIÓN DE CUALIFICACIÓN E VALORACIÓN DE DISCAPACIDADES DE PONTEVEDRA
Avda. de Vigo, 16
36003 VIGO
Teléfono: 986864333 Fax: 986863025

Esta orde ten como obxecto regular o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde de prelación na tramitación dos procedementos.

1. Os procedementos iniciaranse por orde de entrada. Cando o órgano da xefatura territorial da consellería con competencias en materia de servizos sociais entenda que existen razóns de interese público, obxectivamente motivadas, poderá alterar esta orde.

2. Non obstante o disposto no punto anterior daráselles prioridade ás solicitudes urxentes polos seguintes motivos debidamente xustificados:
- Acceso ao emprego e a ensinanzas regradas onde exista reserva de prazas para persoas con discapacidade.
- Solicitudes de axudas/subvencións sometidas a prazos.
- Menores de 18 anos.
- Maiores de 90 anos.
- Pensión non contributiva ou prestación por fillo a cargo.
- Caducidade da valoración do grao de discapacidade.
- Existencia dun procedemento aberto, xudicial ou administrativo, relativo a violencia de xénero, que se poida ver afectado polo recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.

Beneficiarios:

Persoas con discapacidade.

Requisitos:

1. Poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade aquelas persoas de nacionalidade española que residan nun municipio da Comunidade Autónoma e que cumpran os demais requisitos que se establecen nesta orde.

2. Así mesmo, poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade as persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro e as persoas estranxeiras residentes en Galicia segundo o procedemento establecido nos artigos 25 e 26 respectivamente.

AUTONÓMICA

Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 236 do 11 de decembro de 2015).

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2016).

ESTATAL

Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 22 do 26 de xaneiro de 2000).

ESTATAL

Corrección de erros do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 62 do 13 de marzo de 2000).

ESTATAL

Real Decreto 1169/2003, do 12 de setembro, polo que se modifica o anexo I do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 238 do 4 de outubro de 2003).

Anexos asociados

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional