Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

BS321A - Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade vial dos mozos e mozas galegos.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : 14/05/2013 - 01/10/2013.

A partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, e estará aberto ata o día 1 de outubro de 2013, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • Solicitude segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, acompañada da seguinte documentación:
    • a) Fotocopia do DNI para españois ou documento equivalente para nacionais da Unión Europea, ou tarxeta de residencia da persoa solicitante no caso de naturais doutros países, cando a persoa solicitante non lle autorice á Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
    • b) Fotocopia da declaración do IRPF correspondente ao último exercicio fiscal pechado da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar comprendidos no artigo 2 e) desta orde e que teñan máis de 16 anos ou, no caso de non teren feita a declaración, a correspondente certificación negativa de Facenda. Non será necesario achegar esta documentación no caso de que a persoa solicitante e os demais membros da unidade familiar autoricen expresamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para solicitar da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda da unidade familiar, conforme o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.
    • c) Certificado de convivencia ou empadroamento conxunto.
    • d) Certificado de empadroamento nalgún concello de Galicia cando a persoa solicitante non lle autorice á Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de residencia.
    • e) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as actividades obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, consonte o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo III.
    • f) Declaración de non estar incurso nas prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo III.
    • g) Xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do permiso de conducir.
    • g) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as actividades obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades consonte o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

INSTITUTO DA XUVENTUDE DE GALICIA

Servizo de Programas para a Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981957115 / 881999025 Fax: 981545843

www.xuventude.net.

Versión en formato PDF

Establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos/as mozos/as residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

O importe da axuda será de 250 euros por persoa beneficiaria, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.

Beneficiarios:

Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias

A condición de persoa beneficiaria obriga esta nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en concreto:

1. A figurar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, non ser debedor/a en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro e non ter ningunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma. En caso contrario non se fará o pagamento da axuda.

2. A asistir ao curso de educación viaria gratuíto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

3. A obter o permiso de condución clase B entre o 1 de xaneiro de 2013 e antes do 15 de novembro de 2013 como requisito previo á percepción da axuda.

4. A facilitar por escrito toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Requisitos:

a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.

b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.

c) Teñan a súa residencia en Galicia.

d) Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.

e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican:

N.º de membros da unidade familiar: 1 Ingresos máximos: 18.637,85 €
N.º de membros da unidade familiar: 2 Ingresos máximos: 20.707,72 €
N.º de membros dla unidade familiar: 3 ou mais Ingresos máximos: 23.297,31 €

Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe ou parella con análoga relación de afectividade e parentes por consanguinidade ata o segundo grao e por afinidade ata o primeiro que convivan no mesmo domicilio.

f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.

AUTONÓMICA

Orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 90 do 13 de maio de 2013).

Prazo de presentación pechado (14/05/2013 - 01/10/2013)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional