Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF

AU230H - Solicitude de acreditación do número de persoas na vivenda para a aplicación do canon da auga e coeficiente de vertedura.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación : Aberto todo o ano.

Todo o ano.

Prazo de resolución : 6 meses

Sentido do silencio administrativo : Positivo

  • Declaración normalizada segundo o Anexo VIII.a
  • Autorización a Augas de Galicia para comprobar os datos de identidade e residencia dos habitantes na vivenda (anexo VIII.b)
  • Certificado de empadroamento das persoas na vivenda que non autorizan a comprobación segundo o anexo VIII.b
  • Copia da última factura-recibo da auga

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

AUGAS DE GALICIA

Estación de Autobuses
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544968 / 981544560 Fax: 981544534

Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) poden solicitar a Augas de Galicia que se establece un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas (número de persoas que aplica por defecto de acordo coa presunción contida na Lei de augas de Galicia).
Este modelo tamén debe ser presentado polo suxeito pasivo ao que se lle recoñecese un número de habitantes na vivenda distinto de 3 en base a unha solicitude previa e se producise unha diminución no número de habitantes na vivenda. Neste caso este modelo deberá ser presentado no prazo de un mes desde que se producise a diminución no número de persoas.

Beneficiarios:

Suxeitos pasivos domésticos que queiran acreditar un número de habitantes na vivenda distinto de 3 persoas.

Requisitos:

O titular do contrato da auga deberá presentar ante Augas de Galicia o modelo de e cumprir os seguintes requisitos:
- O número de habitantes para a que se pretenda a modificación debe coincidir co número de persoas que están empadroadas en dita vivenda.
- O titular do contrato de subministro de auga debe ser un dos habitantes da vivenda de acordo co padrón de habitantes.

AUTONÓMICA

Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

AUTONÓMICA

Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

AUTONÓMICA

Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2012).

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 126 do 3 de xullo de 2012).

AUTONÓMICA

Correccción de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 143 do 27 de xullo de 2012).

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).

ESTATAL

Lei 58/2003, do 17 de Decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302 do 18 de decembro de 2003).

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional